Gran demanda de flores por defuntos

Gran demanda de flores por defuntos

29 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cemiterio municipal de Fene non para de recibir felicitacións dos veciños polo esmerado coidado que se pon nel durante todo o ano. Este ano levouse a cabo un novo investimento  para arranxar as cubertas dos nichos que xa está rematado. Así que nestas datas de defuntos está aínda mellor preaparado para recibir as múltiples visitas própias dos dias de Santos e Defuntos. Os feneses non escatiman en flores, a pesar da crise. Este ano investir&

Este ano na floristería A Camelia, un dos negocios de flores máis veteranos de Fene, recibiron máis encargas que o ano pasado, unhas 650 xardiñeiras, xa reservadas de antemán, aparte dos ramos de flores que a xente aínda merca ata o venres dia 1.

As flores preferidas son as de sempre aínda que os prezos son moi variados segundo a flor da que se trate. Só unha flor de Anturium custa 6 euros, mentras que un ramos de clavelinas vai a 4,50 euros. O prezo das flores non subiu este ano para compensar o aumento aplicado o ano pasado, como consecuencia da subida do IVE.

Sociedade