Grandes festas en Barallobre

Grandes festas en Barallobre
21 de Xullo, 2023 - 03:49 h. | Publicada por Radio Fene

A veciñanza de Barallobre prepárase para gozar nos vindeiros días, do domingo 23 ao mércores 26, das festas na parroquia. “Estamos con moitas ganas”, asegura Mirta Villalba que pon de manifesto o esforzo da comisión organizadora dos festexos

ESCOITA O PODCAST:

“Esperamos que sexan igual ou mellor do ano pasado, que veña xente de todas partes e que o tempo acompañe”. Os de Sempre de Barallobre animarán o primeiro día dos festexos, este domingo. A Charanga da Carmiña realizará os pasarrúas pola parroquia o luns, día 24, haberá unha gran polbada e actuación a cargo de Claudia. No día de Santiago, o martes 25, haberá misa pola mañá e actuacións da Orquestra Pontevedra e o Grupo Bahía. O último día de festexos será o mércores, día 26, que estará dedicado á Virxe do Carme, con procesión que baixará ata o peirao de Barallobre para facer a procesión marítima. A música ese día correrá por conta do Grupo Pasión e a Orquestra Furia Joven.

Sociedade

Publica o teu comentario agora