ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Grupos musicais de Galicia de calquera estilo poden participar no I concurso de maquetas convocado pola asociación 8 notas do Carballiño (Ourense). O primeiro premio consistirá na gravación dun disco nos estudios de Mafia Records, mentres que o segundo e o terceiro serán en metálico, de 700 e 500 euros. Ademais haberá un premio especial de 300 euros para o mellor grupo da comarca do Carballiño.
Os grupos participantes deberán enviar unha maqueta con 2 temas antes do 31 de maio. De entre tódolos grupos que envíen maquetas escolleranse seis finalistas que pasarán á seguinte fase, na que ofrecerán un concerto en directo de 45 minutos. O nome dos seis finalistas e as datas dos concertos, asignadas por sorteo a cada grupo musical, daranse a coñecer o día 15 de Xuño na páxina oficial do evento: www.jorigames.com/concurso.
A segunda fase do concurso levarase a cabo durante os fins de semana dos meses de Xuño e Xullo, intentando axustar as datas ás posibilidades ou compromisos dos distintos grupos musicais. A Organización reservarase o dereito a realizar ás modificacións pertinentes. Durante os concertos estará presente un xurado composto por dous representantes da Organización (Asociación Cultural "8 Notas") e un representante do Estudio de Grabación Mafia Records de O Carballiño, encargados de votar en cada actuación de forma segreda e independente e de escoller tres finalistas, que competirán na terceira e derradeira fase do concurso polo primeiro, segundo e terceiro premio.
A data na que se darán a coñecer os tres grupos seleccionados para a terceira fase será o día 1 de agosto. A última fase do concurso daráse a coñecer no Festival Senuncan do Carballiño, en data pendente de confirmación.