As guerras non teñen nada de heroico

As guerras non teñen nada de heroico
05 de Agosto, 2021 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

As guerras non teñen nada de heroico. Traen consigo morte, fame e sufrimento. É unha das conclusións do libro “Soldados forzosos” de Francisco Leira- Castiñeira. Falamos desta investigación publicada por Editorial Galaxia no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión.  O volume inclúe a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na guerra civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura.

ESCOITA O PODCAST:
Francisco Leira no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Nas eleccións democráticas de 1936 as forzas de esquerda e nacionalista obtiveron arredor de cinco millóns de votos.Pola dereita optaron en torno a catro millóns e medio de cidadáns. O goberno saído desas eleccións, presidido por Manuel Azaña, só tivo catro meses de vida, ata o golpe de estado de parte do exército o 18 de xullo dese ano. Falamos hoxe no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión do libro de Francisco Leira “Soldados forzosos. .A memoria esquecida da guerra civil española”.  Participaron Miguel Angel Rodriguez, Juan Carneiro, Francisco Leira e Henrique Sanfiz.

 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora