Gumersindo Galego: “Fene está en inactividade total”

Gumersindo Galego: “Fene está en inactividade total”

29 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O exalcalde de Fene, Gumersindo Galego, califica de “inactividade total” os 100 días transcurridos dende a toma de posesión do novo goberno tripartito. Falou no espacio As Foxas esta mañá de parálise total de obras, a non ser as da Avda das Pías que xa contratara o anterior goberno do PP. Para Galego, a área de Obras e Servicios necesita duas persoas e unha dedicación tal que o actual responsable, referíndose a Antón Noceda, n

Galego centrou as súas críticas tamén na obra da escola infantil do Carril que non abrirá este curso, segundo as súas explicacións, porque falta por executar a senda peonil que conduce dende a estrada da Palma en Barallobre á nova escola e que, segundo o portavoz do grupo popular agora na oposición, bloquearon os que agora gobernan. Chega a afirmar Gumersindo Galego que estivo en perigo a asignación dos 380.000 euros que a Deputación provincial ten asignados para a restauración do campo de fútbol do Pote en Maniños.

O traballo no concello por parte doss este edís populares repartiuse tendo en conta a experiencia e as preferencias dos concelleiros e concelleiras. Sobre algunhas das grandes obras que quedaron sen executar, falese dos pasos para salvar a vía do tren en Perlío, do Río Cádavo en Perlío ou Fondomar, Gumersindo galego, afirmaba que, agás esta última, o novo goberno non as dará feito porque non quixeron escoitar as explicacións dos problemas que teñen cando eles gobernaron. a súa experiencia como deputado provincial, Galego afirma que non é o mesmo que a política local que el prefire pola cercanía que supón cos veciñose veciñas.

O portavoz do PP, agora na oposición, non da por bo que, sendo a forza máis votada con sete concelleiros, non teña a alcaldía de Fene, “como ocurríu sempre neste concello” afirma Galego.

Sociedade