Gumersindo Galego: Rosalía representa o que somos

Gumersindo Galego: Rosalía representa o que somos

02 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, inaugurou ás 12 da mañá a exposición : “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”. A Mostra itinerante que conmemora o 125 aniversario da morte da autora de Follas Novas, chega a Fene e poderemos vela na Casa da Cultura ata o 15 de setembro.

Galego asegurou no acto que Rosalía é a escritora que mellor representa na sua obra, o que o noso país. O alcalde fenés convidou a pequenos e adultos a achegarse á mostra que permanecerá en Fene ata o 15 deste mes, porque é un xeito sinxelo de coñecela mellor. Ao acto desta mañán acudiron representantes do BNG, do PP e do PSOE.

O horario de visitas será polas mañás, de 11 a 13 horas. É unha iniciativa da área de Igualdade da Diputación de A Coruña en colaboración coa Fundación Manuel María e Mr Misto Films.

Sociedade