Gwennyn, localizarse para ser alguén

Gwennyn, localizarse para ser alguén

20 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A peninsula da Bretaña viuna nacer, ofreceulle as súas esencias, os seus valores identitarios. Gwennyn deu un paso adiante e reinterpreta a tradición, abríndose ao mundo. Bretaña está empezando a convertirse nun pais grande, ao coñecerse e valorar o propio. Descubriron que para ser alguén no mundo, hai que localizarse. Eles xa foron, durante moitos anos, baixo a xacobina bota centralizadora, uns ninguén.

Gwennyn canta en bretón, pero tamén en francés e inglés. Participou no último album de Alan Stivell (Back to Breizh) e representa unha forma cabal de misturar esencia e modernidade. Gwennyn logra transmitir vida coa súa voz, acompañada á guitarra por Patrice Marzin. O seu disco Mammenn merece o noso agarimo.

Sociedade