Hai que empregar dous minutos no cepillado dos dentes

Hai que empregar dous minutos no cepillado dos dentes

11 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous minutos é o tempo recomendado para cada cepillado de dentes, afirma a odontóloga Maria García Allegue. Dirixe a clínica dental Costa Ártabra que abriu o pasado catorce de decembro na avenida das Pias de Fene e defende a necesidade de prevención e de instrucións de hixiene buco-dental. “Debemos conservar os nosos dentes o máximo que poidamos” precisa.

Tanto o cepillo manual como o eléctrico son válidos pero este último leva acompañado un temporizador co que lle garantimos un cepillado de dous minutos, o tempo mínimo para garantir a eficacia.

Costa Ártabra incorpora novas tecnoloxías que, por exemplo, diminúen a exposición á radiación dos pacientes ata nun 70%, segundo palabras da odontóloga fenesa.

A nova clínica ten outro obxectivo; aplicar todos os adiantos para conquerir unha odontoloxía minimamente invasiva, máis conservadora. María García manifesta o seu desacordo coas clínicas dentais "low cost" porque non se pode enganar á xente. Defende a profesionalidade fronte á política comercial.

O trato cercano cos pacientes e que a xente perda o medo ao dentista e á dor. Este é un dos valores que María García Allegue quere imprimir á súa consulta.

Sociedade