Helena Segura-Torrella: “O Adriano é un sitio máxico, con moita enerxía”.

Helena Segura-Torrella: “O Adriano é un sitio máxico, con moita enerxía”.

12 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Os edificios abandonados teñen moito encanto e o Adriano é un sitio máxico, con moita enerxia” afirma a fotógrafa Helena Segura-Torrella. Entre os traballos audiovisuais presentados ao proxecto do cine Adriano, está a curtametraxe da fotógrafa Helena Segura Torrella e o técnico de imaxe e son Daniel Sanmartín Anca, baixo o título “Sesión contínua”.

A peza fai unha alegoría dun edificio que quere volter a ter vida, a albergar actividade. Nunha caixa de música, os bailaríns bailan eternamente. A curtametraxe ten moitas lecturas e fala de pérdidas, reencontros, amor e desamor. Helena Segura gosta dos edificios abandonados porque encerran moitas historias. Afirma que o Adriano é un sitio máxico. CORTE SEGURA ABANDONADA 13 05
Daniel Sanmartín Anca encargado da parte técnica da curta, amosábase sorprendido pola resposta da xente o venres pasado, non esperaban aquilo. Os dous acordan que o Adriano aínda ten moitas cousas que decir. Daniel e Helena xa traballan nun próximo proxecto que xirará arredor do chalet do Adriano, da casa da Maleta.

Sociedade