Herdeiras dunha tradición familiar

Herdeiras dunha tradición familiar
22 de Setembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Estrada

As palabras do seu avó cambiaron a súa vida. Ela tamén quería manter vivo un oficio tradicional que durante tantos anos foi o sustento principal de tantas familias. A día de hoxe, Isabel Neira, é a única muller torneira de Galicia e rexenta xunto coa súa irmá, Ana, Atalanta Madeira na Estrada.

 

ESCOITA O PODCAST:

Tras rematar os seus estudos universitarios, Isabel Neira iniciouse no mundo da tornería no obradoiro do seu pai converténdose na sétima xeración de torneiros da súa familia. Na actualidade, esta emprendedora fai dende a parroquia de Berres pezas ecolóxicas, sostibles o orixinais que cruzan o mundo. As que se empregan na cociña, contan cun acabado apto para o uso alimentario, unha innovación moi apreciada polos restauradores que coidan tódolos detalles. “A primeira peza que deseñei foi un quebranoces”, desvela Isabel Neira no programa Onda ODS de Radiofusión.

Sociedade

Publica o teu comentario agora