Hernández afirma que, por mor do tipo de licitación, a chegada do AVE adiarase ata 2018

Hernández afirma que, por mor do tipo de licitación, a chegada do AVE adiarase ata 2018

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta decidiu tensar aínda máis a corda das relacións co Goberno central denunciando que “o novo esquema de licitacións adoptado polo Ministerio de Fomento”, sitúa a chegada do AVE a Galicia, con sorte, no primeiro semestre do ano 2018, con máis de dous anos de adiamento sobre o prazo acordado de finais de 2015. A Consellaría de Infraestruturas volve por a proba o Pacto do Obradoiro entre as dúas administracións cun informe present

As análises feitas pola Xunta dos proxectos que manexa ADIF revelarían que en tramos da liña do AVE como o que vai de Requejo, en Zamora, a Ourense, nin nas mellores circunstancias podería circular o tren antes do primeiro trimestre de 2018. Hernández manifestou que o Goberno galego será “leal” para que Fomento cumpra co pactado, pero esa declaración contrastou coas duras críticas cara o titular do Ministerio José Blanco, ao que se referiu dicindo que o AVE “non é un compromiso persoal de ninguén”. Resolveu que as datas do Goberno socialista “non se poden crer”. 
A reacción a esta denuncia chegou por boca do secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez, quen atribuíu a actitude da Xunta arredor do AVE a unha “estratexia política”. O líder socialista afirmou que o incumprimento do Pacto do Obradoiro era a “gran baza electoral” que manexaba o PP, e que agora a Xunta “está desesperada porque o AVE chega”. Vázquez acusou ao presidente Alberto Núñez Feijóo de “agocharse” mentres permite que os seus conselleiros ataquen ao Executivo central e contraatacou dicindo que, arestora, os únicos que traballan para adiar a chegada do AVE son os membros do Partido Popular en Ourense, onde discrepan con Fomento sobre a maneira de integrar o tren na cidade.
Institucional