Historia e paisaxismo para xogar

Historia e paisaxismo para xogar
19 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Esta semana chegaron moitas novidades”. Falamos de xogos de mesa con Juanma Sánchez da tenda Cáprica que nos presenta dous xogos familiares e fáciles de aprender. 

ESCOITA O PODCAST:

“Fascinante, que mergulla aos xogadores no antigo Exipto e os tesouros desa civilización”. RA e un xogo estratéxico, pon a proba as habilidades de xestión e recursos e a toma de decisións, explica Juanma. Outra opción que nos presentou é Dorfromantik. “Moi bonito, o obxectivo é construír unha paisaxe, os campos, bosques, ríos…” Naceu como videoxogo e ao final adaptárono como xogo de taboleiro. Unha especie de puzzle. Os xogadores deben tomar decisións de cando e como colocar as losetas, seguindo unha serie de instrucións. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora