Hixinio Puentes: cando a literatura se fai mar

Hixinio Puentes: cando a literatura se fai mar

08 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Abrir un libro calquera de Hixinio Puentes –desde O bandido Casanova (Xerais 2000) e Aguillóns de Ortegal (Xerais 2005) ao último, Monbars, o exterminador (Xerais 2009)– é comezar unha aventura que nos fará vibrar páxina a páxina. Con el entramos en mundos de ficción solidamente trazados que se caracterizan pola coidada ambientación histórica, a predilección polos personaxes marxinais e a presencia do mar como pano de fondo.

Na conversa que mantivemos nos estudos de Radio Fene Radiofusión, Hixinio Puentes fala da súa paixón polo mar desde moi pequeno a través dos relatos orais que escoitaba aos mariñeiros do Porto do Barqueiro, da súa experiencia como navegante e a constante profundización nos temas marítimos tanto na faceta de investigador como na faceta de narrador.

Un escritor que vai dar moito que falar nos próximos anos en canto vaian saíndo á luz os moitos tesouros que garda nas súas segredas illas literarias.

Cultura