Iñaki lidera a victoria do Narón en Vilalba

Iñaki lidera a victoria do Narón en Vilalba

29 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

2 goles de Iñaki serviron ao Narón para iniciar cunha victoria a Liga da Terceira División de fútbol. Por un tanteo de 1 a 2 venceu a domicilio ao Racing Vilalbés, un equipo recén ascendido que o intentou durante todo o partido pero que non logrou invertir a ventaxa do equipo azul conseguida na primeira parte.

O equipo de Luis Miguel Garcia comeza con autoridade a competición, esfórzase por afirmar a súa propia identidade e quere coller a senda dos primeiros postos da clasificación. A vindeira xornada recibirán no estadio de Rioseco ao Somozas, nun encontro de máxima rivalidade comarcal. Pero grazas ao acerto goleador na Terra Chá de Ignacio Menéndez, os de Narón chegarán a ese partido especial co aval dos 3 puntos logrados esta tarde.

Sociedade