I Concurso de cuartetos no Toxos e Froles

I Concurso de cuartetos no Toxos e Froles

20 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cinco cuartetos foron seleccionados para participar no I Concurso de Cuartetos Tradicionais que terá lugar na Sede do Real Coro "Toxos e Froles"en Ferrol, o vindeiro sábado 24 de Marzal ás 19.00 horas. Este Concurso é o punto de partida das actividades que o Toxos vai tentar desenrolar nos  vindeiros meses.

Os grupos seleccionados e a orde de actuación é a seguinte:
1. "Canle Dadá" de Nigrán
2. "Xente Nova" de Ferrol
3. "Paínho do Mal Tempo" de Pontevedra
4. "Os Picurruchos" de Lugo
5. "Chiquirindaina" de Pontevedra

No mes de Abril, tentará levar a cabo unha nova edición do Congreso de Música Tradicional que no ano 2011 achegou a Ferrol a persoas tan importantes dentro da música tradicional como ao gaiteiro Carlos Núñez, a Carlos Beceiro do grupo La Musgaña, ao Director do Museo da Gaita de Xixón Alfonso Fernández, á musicóloga ferrolá Carme Malde e a Toniño de Treixadura. Estánse a pecha-los ponentes que asistirán este ano.

Do mesmo xeito, o domingo 27 de Maio, o Toxos levará a cabo o Festival do seu 97 Aniversario, no que ademáis das seccións da Entidade, actuarán a Coral "De Ruada" de Ourense, un dos catro Coros Históricos de Galiza e mailo grupo "Donaire" de A Coruña.

Sociedade