Ideas moi falsas

Ideas moi falsas
29 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de publicar Lobos doentes, Antonio Tizón ten claro que a súa nova novela non é un tratado de psiquiatría mais pode resultar moi útil para entender os trastornos mentais máis graves dos que aínda existen "ideas moi falsas".

ESCOITA O PODCAST:

Lobos doentes é literatura. Non é un manual de autoaxuda nin de psiquiatría. É unha novela. Iso si, se a literatura ademais de ser literaria é útil e serve a nivel pedagóxico pois moito mellor. Por exemplo, lendo a primeira novela autobiográfica o que non entenda o que é un trastorno bipolar o vai entender perfectamente. Ás veces, a literatura, a arte… son máis eficaces que os manuais. Unha novela con personaxes que teñen algún problema mental pode ser máis eficaz á hora de explicar un problema psiquiátrico que un propio manual psiquiátrico”, afirma Antonio Tizón no clube de lectura de Radiofusión ao tempo que recoñece que “despois da pandemia parece algo máis normal falar deste tipo de temas aínda que se fala de enfermidades mentais como a ansiedade ou a depresión leve. Non se fala de enfermidades mentais graves como a esquizofrenia ou o trastorno bipolar. Cando escribín a miña primeira novela todo o mundo me preguntaba como me atrevía a falar con esa sinceridade dos meus problemas mentais e das barbaridades que se fan nos estados maníacos ou depresivos e como tivera o valor de saír do armario para explicalo con esa honestidade. Daquela o tema estaba moito máis estigmatizado. Agora máis xente está explicando as súas experiencias. Aínda asi, eu doume conta nas presentacións de que existen ideas moi falsas e equivocadas sobre os enfermos mentais. Pensan que son xente perigosa e violenta”. Un dos obxectivos de Lobos doentes é acabar con estes estereotipos e normalizar a enfermidade mental. 

 

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora