Ignacio Silva amosa en Xerais a “Cara B” dos seus personaxes

Ignacio Silva amosa en Xerais a “Cara B” dos seus personaxes

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A editorial Xerais vén de publicar na súa colección de narrativa Cara B, unha obra que reúne as tres últimas novelas curtas de Ignacio Silva (Carballo, 1978), premiadas todas elas nos máis importantes certames do xénero convocados en Galicia nos dous últimos anos. Falamos de Cela Aberta (Premio Certame Literario Valle Inclán da Pobra do Caramiñal,

O propio autor, Ignacio Silva, comentou en Radiofusión as diversas historias que conforman Cara B. Segundo o escritor, Cela Aberta é unha novela que ten como protagonista a un preso político nunha ditadura militar, que pasa 12 anos encarcerado e como ese encerro ao que se enfronta con valentía nun primeiro momento, marca de forma fatal o devir da súa historia. Unha reflexión sobre o sen sentido das ditaduras e as súas consecuencias nunha persoa con éxito na súa vida persoal e política.

A temática de Vertixes é totalmente diferente. Dous rapaces da xeración dos 70 namóranse sen planealo e enfróntanse a diversas circunstancias que fan que ese amor sexa difícil. Tamén quedan marcados para sempre ante situacións que non previran.

En Escintileos o protagonista sofre unha enfermidade estraña que lle fai esquecer as cousas. En palabras de Silva, “conta a loita deste personaxe por recuperar eses recordos que desaparecen e que lle fan enfrontarse á vida dun xeito un tanto particular”.

Cara B xa está nas librarías, editada por Xerais, ao prezo de 16,15 euros.

Cultura