A II Feira Outlet de Fene abre o domingo na Praza do Concello

A II Feira Outlet de Fene abre o domingo na Praza do Concello

08 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A  Segunda Feira Outlet de Fene celebraráse o vindeiro domingo 12 de setembro, na Praza do Concello. Tras o éxito da primeira edición do ano pasado, de novo os comerciantes volverán ofrecer productos rebaixados de prezo, agora nun espacio máis amplo. A II Feira Outlet abrirá ininterrumpidamente, dende as dez da mañá ata as nove da noite.Os clientes disporán dun servicio de ludoteca gratuito.

Unha carpa xa cubre a Praza do Concello de Fene en previsión de inclemencias meteorolóxicas. Logo do éxito da edición do ano pasado, o coordenador da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Fene mostrouse esperanzado de que as boas vendas se volvan repetir nesta segunda edición. Nesta ocasión cabe destacar o aumento no número de postos que se instalarán nas proximidades da casa do concello, un número cercano á veintena, segundo palabras do coordinador, Guillermo Lago.

Ó mesmo tempo, Guillermo Lago destacou as oportunidades que os clientes poderán atopar nesta feira multisectorial e a variedade e calidade de produtos que atoparán nos postos que se instalarán este domingo en Fene. Cabe salientar a ampla oferta en roupa, pero tamén en calzado ou en xoieria e alimentación.

Paralelamente ao discurrir da feira durante todo o dia, 12 establecementos de hostelería, a maioría de Fene e Perlío, ofrecerán aos clientes un menú especial de tapeo. Na feira repartiranse uns folletos indicando os establecementos nos que se pode comer ou beber. Algo que deron en chamar "Vai de ruta".

O acontecemento conta co apoio do concello fenés.  

Sociedade