III Concurso de Microrrelatos. Fene.

III Concurso de Microrrelatos. Fene.

14 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con motivo da celebración do Centenario do Nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911) os Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino de Fene convocan o III Concurso de Microrrelatos - Concello de Fene. Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do Concello de Fene, establecéndose as seguintes categorías:

a)    5º e 6º Curso de P

Os/as participantes deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega, que non poderá sobrepasar as 150 palabras , con temática libre e cuxo título teña a mesma estrutura sintáctica que utiliza Cunqueiro en “Escola de Menciñeiros”, “Os outros feirantes” e “Xente de aquí e de acolá”: o nome do personaxe (un sintagma nominal) seguido dun topónimo (unha frase preposicional) que neste caso tería que ser un topónimo fenés.Por exemplo: “ Louro de Parentes > Louro de Maniños”

O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase interna os traballos elaborados serán entregados ao profesorado encargado deste concurso en cada centro educativo e será o propio centro quen decida a composición do xurado. Para a fase intercentros, os traballos seleccionados (máximo dous por categoría) deberán entregarse no Departamento e Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene acompañados dun sobre pechado, que será o único lugar no que constarán os datos identificativos dos/as autores do traballo.

O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o venres 11 de abril na fase interna (entregar no propio centro educativo) e o mércores 27 de abril para a fase intercentros (entregar no Dep. Cultura, Deportes e Xuventude). O resultado darase a coñecer por parte do concello a todos os centros de ensino participantes.

Sociedade