Incendio nas portas de Ferrol

Incendio nas portas de Ferrol
04 de Agosto, 2022 - 07:36 h. | Publicada por Radio Fene

O incendio de madeira almacenada na zona do Montón de Ferrol quedou definitivamente apagado esta mañá. O lume desatouse arredor das dúas e media da tarde do mércores. Prendeu nun depósito almacenado a escasos metros da ponte das Pías. A madeira procedía da limpeza forestal da zona efectuada pola Demarcación de Estradas o pasado dia 26. Ía ser retirada para a súa trituración.

Fotografía: Xan Xe Corral

O lume quedou controlado arredor das 19,30 horas. Puido ter causado importantes danos xa que o lume prendeu debaixo da liña de alta tensión que abastece a Navantia. Nun principio cortouse a circulación nas Pías en ambos sentidos dada a gran cantidade de fume xerada. Restableceuse o tráfico pero as colas de vehículos prolongáronse durante tempo nas comunicacións entre Ferrol e Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora