A incidencia da tuberculose baixa

A incidencia da tuberculose baixa

19 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

19 de cada 100.000 habitantes da Área Sanitaria de Ferrol padecen tuberculose. A cifra é baixa se a comparamos cos niveis de hai vinte anos, cando se chegaba na comarca aos 90 casos por 100.000 habitantes. Pero, a enfermidade resístese a desaparecer polas súas  características. Contáxiase facilmente polo aire, e o seu tratamento é tan longo no tempo que moitos pacientes abandonan antes do remate. O vindeiro domingo 24 de marzo conmemórase o D

O doutor José Francisco García Rodríguez, da área sanitaria ferrolana, declarou a Radio Fene que a incidencia da enfermidade na nosa área é similar á que teñen Ourense ou Lugo, e inferior á do sur galego.

A tuberculose cúrase en paises como o noso, aínda que o tratamento é tan longo que moitos afectados abandonan antes de tempo. Para o doutor García, na área sanitaria ferrolana, o 95% dos doentes cumpre coas recomendacións médicas. Dende 1991 Ferrol ten consulta monográfica de tuberculose e se fai un seguimento estreito dos pacientes. Segundo o facultativo, dende o ano 1998 contan cunha traballadora social para asegurarse de que todos toman a medicación.

A Área sanitaria de Ferrol ten na actualidade 1.500 pacientes con tuberculose. O contaxio é tan doado que a enfermidade pode manterse latente moito tempo, pero arredor dun 10% dos contaxiados desenvolverá a doenza nun determinado momento, cando o sistema inmune estea máis féble. Estímase que no mundo hai hoxe 9 millóns de tuberculosos. O Sureste asiático é a zona de maior incidencia.

Sociedade