As increibeis paisaxes do cabo Prioriño

As increibeis paisaxes do cabo Prioriño

15 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Montaña Ferrol, programa 2 actividades para este fin de semana. Mañá sábado ás 16'30h, a entidade ecoloxista e a Asociación de Veciños Prioriño, farán un percorrido polas terras deste cabo, que conforma a bocana de ría de Ferrol. A saída aberta a todos os que queiran coñecer esta impresionante contorna, recorrera´os acantilados do Pieiro, o descoñecido monumento ao Dornier, os tuneles de Prirori&ntild

Uns 6 quilómetros, en circular, que valerá para que aqueles que acudan, coñezan un pouco máis do Concello. Outra saída desta serie será por Mandía a finais de xuño.

Capelada. Mirador dos Carris - San Xiao de Trebo

O domingo ás 9 sairá un bus cara a San Andrés de Teixido, e desde o cruceiro dos Carris camiñarase cara á Garita de Herbeira, pico de Miranda, coa súa impresionante vista de Agarimo e Ría de Ortigueira e Mera, para acabar en Ortegal e San Xiao de Trebo, en total uns 25/27kms, A ruta é de dificultade media alta, dada a distancia e a complicada metereoloxia da zona.

Sociedade