Indignación pola nova subida da peaxe da autopista

Indignación pola nova subida da peaxe da autopista
31 de Outubro, 2018 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

A subida da peaxe da Autopista do Atlántico provoca unha onda de indignación cidadá. A empresa propietaria da AP 9 continua a reducir persoal eliminando aos cobradores das cabinas de peaxe. Dos trescentos de hai dez anos, quedan agora douscentos. Audasa depende na actualidade de fondos de investimento do Reino Unido, Holanda e Canadá. Globalvia espera pechar o exercicio cuns beneficios de 140 millóns de euros. Segundo a empresa, a construción da autopista dende 1979 custou 1434 millóns de euros. Leva facturado 2700 millóns.

A autopista volveu subir desde a medianoite e subirá de novo en xaneiro. Circular de Ferrol a Tui custa vinte euros oitenta céntimos. Ir de Ferrol á Coruña leva 4,55 e de Ferrol a Santiago 8,85 euros. A deputada de En Marea Alexandra Fernández plantexou ao Goberno que revirta a decisión de aumentar as peaxes. “Un abuso” proclamou,

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora