ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Conselleiro de Industria comprometeuse a colaborar co Consorcio Pro Feiras e Exposicións de Ferrol para a súa conversión en fundación ,como vén reclamando o organismo que xestiona o Recinto Feiral de Punta Arnela. No acto inaugural da 47 edición da Feira de Mostras do Noroeste, Javier Guerra asegurou que a Xunta porá a disposición do Consorcio tódolos mecanismos necesarios para tentar que o proxecto saia adiante antes de que FIMO celebre as súas vodas de ouro.
De 11 da mañá a 2, e de 5 a 9 abre as súas portas ao público o recinto feiral de Punta Arnela nesta segunda xornada da Feira Internacional de Mostras que vai estar adicada ás Amas de Casa e á Armada. Pola tarde haberá disintos actos para celebrar tamén o “día de Ferrolterra Eume e Ortegal”: unha degustación de productos típico, unha recepción oficial presidida polo vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, e a presentación do “autogas” como combustible alternativo no stand de Repsol.