A iniciativa é o máis importante

A iniciativa é o máis importante
31 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Esiankiki á procura do león é unha obra escrita e ilustrada por Antía Cons. Nas aventuras de Esiankiki están implícitos diferentes valores como a superación, a tolerancia e a iniciativa dos que nos falará a súa autora o vindeiro xoves no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Fotografía: Xan Xe Corral

“Creo que o valor máis importante é o de ter iniciativa, máis alá de que consigas o que queres ou fracases. Sempre intentas loitar pero non sempre consegues gañar. Depende das túas propias forzas, de si estás soa ou acompañada e do que te atopes diante de ti. É un tópico pero do fracaso tamén se aprende”, comenta Antía Cons logo da publicación deste libro dirixido a un público infantil co que conectou á perfección porque ela aínda se sinte nena en moitos aspectos.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora