ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A escritora Inma López Silva pronunciará o pregón inaugural da XIX Festa do Melindre e da Reposteria tradicional que se desenvolverá o vindeiro domingo 9 de maio na Praza do Convento de Melide. As casas Estilo, Tahona, Melchora e Trisquel terán un stand desde o que ofrecerán ricos, melindres e amendoados en degustación gratuita e tamén para a venda.
O grupo Axóuxere encargaráse dos pasarruas e ademais o Concello de Melide homenaxeará ao oficio tradicional do ferreiro, personificado na figura e Manuel Lodeiro Pintor. Ademáis na rúa do Convento colocaráse outros sete stands de artesanía, e haberá tamén na rúa Camiño de Ovedo stands de produtos de alimentación galegos. Ademais na xornada expoñeranse os mellores traballos presentados ao III Certame de debuxo Melindresricos. A compañía Hip, hip, hurra e o grupo Espido actuarán pola tarde para completar un dia de festa.