Innovacións e novas tecnoloxias para a igualdade de xénero

Innovacións e novas tecnoloxías para a igualdade de xénero
10 de Novembro, 2021 - 08:05 h. | Publicada por Radio Fene

As innovacións e as novas tecnoloxías deben utilizarse para avanzar na igualdade de xénero afirma a escritora e xornalista María Xosé Porteiro. Os retos do "feminismo poscovid" pasan por aproveitar esas oportunidades sen precedentes para romper tendencias e chegar a quen corre máis risco de quedar atrás. As solucións de bases tecnolóxicas deben responder ás necesidades das mulleres e das nenas. 

ESCOITA O PODCAST:
Manifestación feminista en Lugo. 2019

Porteiro presentará o seu libro #taméneu nun acto ás sete da tarde deste xoves no Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena, 202 de Ferrol. O volume recolle diferentes artigos de opinión feminista publicados na prensa diaria ao longo dos últimos anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora