Inspirada no Parque do Pasatempo

Inspirada no Parque do Pasatempo

08 de Febreiro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintado da loneta galardonada con mención de honra no Certame das Balconadas de Betanzos 2016 levoulle máis de duascentas horas. Utilizou escarvadentes para pintar a imaxe nun auténtico traballo “de chinos”. “Inspireime no parque do Pasatempo de Betanzos e representei a parada do tempo cunha rapaza subindo unhas escaleiras” indica Myriam Cordero.

A debuxante elaborou a exposición “Grafoart. Alma en papel e tinta.” Amósase na  Casa da Cultura. Este venres día 10 de febreiro remata a súa estadía en Fene. Nos días que quedan ata daquela pode visitarse nos horarios habituais do museo pola semana: de 10 a 13.00h. e de 16 a 21.00h.

Cultura