Instan ao Goberno a restaurar o Viaduto Madrid de Redondela

Instan ao Goberno a restaurar o Viaduto Madrid de Redondela

13 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do PP que insta ao Goberno a restaurar e rehabilitar o Viaduto Madrid de Redondela, unha infraestrutura ferroviaria do século XIX actualmente en desuso e considerada ben de interese cultural. Segundo o texto da proposta, o pasado mes de abril desprendeuse do viaduto unha peza de ferro duns 30 centímetros de lonxitude e case un quilo de peso que se precipitou sobre a r&ua

Para evitar novos desprendementos foron colocados uns valos como medida de precaución e comezaron as tarefas de revisión da estrutura. O Viaduto Madrid, que entrou en funcionamento en 1876, foi construído seguindo o modelo de Eiffel pero combinado coa técnica da cantería tradicional para facer os piares de pedra.

Aínda que o viaduto soportou o paso dos trens durante máis dun século, a Compañía de Ferrocarrís nunca aprobou as obras, o que provocou o atraso dos pagamentos e o intento de suicidio dun dos seus mentores, que se tirou dende o alto deste viaduto de 411 metros de altura.

Ademais do Viaduto Madrid, Redondela conta con outro viaduto do século XIX, o de Pontevedra, polo que aínda circulan os trens. Grazas a iso, Redondela é coñecida como a Vila dos Viadutos.

Sociedade