Internet revoluciona o sector turístico

Internet revoluciona o sector turístico

05 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un curso sobre as Novas tecnoloxías aplicadas ao Turismo organiza a Universidade Internacional Menendez Pelayo en Ferrol, do 14 ao 16 de setembro, na Fundación Caixa Galicia. O prazo de matrícula permanece aberto. O curso diríxese a profesionais e directivos de empresas do sector turístico, técnicos, guías ou estudantes e graduados en Turismo.

Escapadas gastronómicas ou hoteis a pé de praia desde 15 euros por persoa e noite. Son algunhas das ofertas que nos presenta o portal buscadestinos.com. Porque Internet revolucionou moitas cousas, pero tamén o mundo das viaxes e do turismo.

Para analisar o impacto das novas tecnoloxias aplicadas ao turismo, a Universidade Internacional Menendez y Pelayo organiza un Encontro en Ferrol entre o mércores e o venres da vindeira semana, do 14 ao 16 de setembro. Falaráse de cuestións como Tecnoloxias do hotel de futuro, Aplicación das novas tecnoloxias no turismo de Galicia, Internet 2.0 e a importancia dos buscadores, Marketing e comunicación on-line, redes sociais e comunidades virtuais.

Ainda está aberto o prazo de matrícula que se pode realizar a través de Internet na páxina web uimp.es

Sociedade