Isabel e Carmen

Isabel e Carmen
15 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene continúa “Sementando Igualdade” con motivo da celebración do 8M. A igualdade centra a actividade nestes días nos Seráns Activos, un programa que leva ás parroquias o departamento de Benestar Social, do que falamos en Radio Fene. Os Seráns Activos “son espazos de encontro, para que as persoas se relacionen, fagan parroquia, e nos que exercitar a mente”, explica a pedagoga municipal María Xosé Paz Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

En Barallobre o grupo dos Seráns Activos está formado por doce persoas, todas mulleres. A máis nova é Isabel Rodríguez Fernández, que leva uns meses xubilada. A maior, súa nai, Carmen, que ten 90 anos. Isabel empezou traballar con 14 anos nunha fábrica de punto en Ferrol, onde todas eran mulleres. A mediados dos anos 70 todas quedaron no paro e Isabel tivo moitas outras ocupacións ata chegar á xubilación. Ademais de formar unha familia, criar dous fillos, implicarse na asociación veciñal e tamén na Anpa. Hoxe, viúva, vive soa co seu canciño. Pasou vinte anos sufrindo migrañas e con depresión. Na súa vida laboral atopou desigualdade. Ela pensa que houbo avances para as mulleres na incorporación á vida laboral, pero queda camiño por andar.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora