Ismael Ramos, un escritor temerario

Ismael Ramos, un escritor temerario
05 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Son relatos “redondeados por frases que, con alento de verso, atravesan a narración”, para o xornalista e poeta Daniel Salgado. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos. A súa imaxinación conxuga ironía e morriña. “Gústame ser un narrador temerario, dar volantazos nos relatos” afirma o autor: “Para min, o conto é unha procura, vivo obsesionado polos finais. Nunca quixen renunciar á trama, pero o importante é o que non se di”.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe
Escoita aquí ao escritor Ismael Ramos
http://173.255.131.18/audio/050423RAMOS.mp3

Fotografía Xan Xe

“Os relatos son como unha parella que rompe sen que houbera unha gran discusión previa. Todo o mundo di: E non lles  pasou nada pero en realidade, ao mellor, había moito tempo que viñan pasando cousas” apunta Ramos con ironía. Ismael Ramos naceu en Mazaricos  en 1994. É autor de poemarios como Os fillos da fame (XVII Premio Johán Carballeira de Poesía), Lumes (Apiario, 2017) e  Lixeiro (Xerais, 2021). Conta con traducións ao castelán, catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués.Agora, entra con forza, no mundo dos contos.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora