Italia tomou Fene

Italia tomou Fene

05 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aterraron onte no aeroporto da Coruña sen problemas, aínda que con unha hora de retraso, os estudantes italianos que participan no intercambio co IES de Fene. Volaron onte de Venecia a Madrid e Madrid A Coruña. Contra as sete da tarde eran recibidos no instituto de Barallobre polas familias que os acollerán durante unha semana. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, déulles a benvida esta mañá nun acto que se celebrou no centro escolar e entregoulles un o

San Doná di Piave é unha localidade duns 40.000 habitantes situada á beira do rio Piave, a uns 40 quilómetros ao noroeste de Venecia. Daló veñen os máis de 30 estudiantes e duas profesoras que visitan esta semana o IES de Fene.
Hoxe os rapaces pasarán a xornada participando en actividades no centro. Mañán visitarán Ferrol e venres e sabado, as cidades de Santiago e A Coruña.  Unha representación dos estudantes italianos e das profesoras que os acompañan estiveron esta mañá nos estudos de Radio Fene, no programa A Fenestra, falando da experiencia que, segundo a alumna italiana Carolina, é maravillosa pero curta. Aprender español e facer amigos é o máis importante para ela.

A profesora italiana Susana aseguraba que non se asustan do temporal de vento porque aló deixaron un tempo moi semellante. Preguntamoslle polo carnaval de Venecia pero tamén polo obxectivo destes intercambios. Afirmaba que o principal obxectivo da viaxe é aprender e practicar o Español, idioma que escolleron como optativo e que complementa os estudos obrigatorios de Inglés e Alemán que teñen no currículum académico.

Un dos alumnos do IES de Fene, Carlos, contaba que  a sua principal misión como receptores é falarlles en Español, idioma que estudan no seu liceo de San Doná, pero tamén atendelos e acompañalos en todas as actividades.

Amais do idioma, o máis interesante para eles é coñecer cousas de Galicia, daí as excursións á Coruña, Ferrol e Santiago, pero tamén indagar nas diferencias entre os dous sistemas educativos.  O luns dia 10 marchan de volta a Italia. Ás 10 da mañá despediránse do IES de Fene.

Sociedade