Jane Joyd actúa en Ferrol antes de pasar polo Festival Internacional de Benicàssim

Jane Joyd actúa en Ferrol antes de pasar polo Festival Internacional de Benicàssim

25 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A coruñesa Jane Joyd, pseudónimo musical da polifacética artista Elba Fernández, gañaba hai uns días a final do Proxecto Demo 2011, o certame máis prestixioso do indie estatal organizado por Radio 3, de RNE. O premio, actuar no mes de xullo no Festival Internacional de Benicàssim (FIB). Elba asegurou en Radiofusión que nunca asistiu ao FIB e, de momento, pensou máis no que vai gozar como parte

A música acústica de Jane Joyd móvese entre o folk americano e o pop, tomando como referencias a artistas como Bon Iver, Iron & Wine, Sufjan Stevens ou mesmo PJ Harvey. Definida por algúns como “un sopro de aire fresco” e “unha das grandes promesas” da música galega, na súa curta traxectoria xa actuou xunto a outros artistas como Matt Elliott, Greg Dulli, James Yuill e Basia Bulat.

No verán do 2010 Jane Joyd gravou a maqueta coa que gañou o Proyecto Demo nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. Catro temas (“The nigthmare”, “Try, try, try”, “My loneliness” e “Last days”) aos que Elba Fernández pode engadir xa novas composicións que, previsiblemente, verán a luz en forma de LP tras o verán.

Temas que naceron dunha catarse persoal da coruñesa, e que ela mesma non dubida en definir como orixinais e absolutamente persoais.

Cultura