Javier Cercas lembra a Francisco Casavella

Javier Cercas lembra a Francisco Casavella

22 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

La verdad es la verdad, dígala Agamenon o su porquero. A cita do Juan de Mairena de Antonio Machado, sírvelle a Javier Cercas como referente para titular o seu volume La verdad de Agamenon (2006). O literato e profesor da Universidade de Girona recopila relatos nos que mistura o sarcasmo coa fondura. Cercas publicou no 2009, Anatomía de un instante. No 2010 logrou o Premio Nacional de Narrativa

.

Máis ca unha novela sobre a Guerra Civil Española, “Soldados de Salamina” pódese considerar un thriller policíaco, en palabras do seu autor, Javier Cercas. O escritor fixo un repaso da súa traxectoria literaria e das súas obras, dende o primeiro libro de contos que publicou en 1987 ate “La verdad de Agamenón”, editado no 2006.

Sobre o seu maior éxito literario, a novela “Soldados de Salamina”, dixo que é un libro “raro” e que él foi o primeiro sorprendido do éxito que acadou. Asegurou ademais que nos últimos anos foron moitas as novelas que trataron o tema da Guerra Civil pero que, quizais, o seu acerto, foi abordar un asunto que o resto dos autores da súa xeración despreciaran.

O escritor extremeño lembra momentos importantes da súa vida. Falou Cercas, por exemplo, dos seus inicios no mundo da literatura e da enorme influenza que exerceu sobre él a figura de Borges. Tamén tivo unhas palabras para o escritor de orixe galega Francisco Casavella, falecido no 2008, e con quen compartiu a súa primeira viaxe a Galicia.

 

Sociedade