Jazz na Costa Ártabra

Jazz na Costa Ártabra
11 de Xullo, 2023 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

Presentado o Festival Jazz de Ría. Conversamos en Radio Fene coa directora do festival, Aitana Cuétara, que nos informou da programación para esta sétima edición, que se desenvolverá do 18 ao 21 de agosto en Narón, Neda, Cedeira e Valdoviño

ESCOITA O PODCAST:

“Á conquista da Costa Ártabra” nun festival que xunta mar e música de jazz. Con actuacións de balde en distintos espazos públicos para atraer novos afeccionados na comarca á música jazz. A organización explica que a sétima edición do festival abarca todas as cores do jazz, transitando desde propostas flamencas ao dixiland de Nova Orleáns, o gypsy ou a música swing, para recuncar na diversidade de interesantes proxectos galegos que pintan o jazz con trazos de neosoul, funk ou experimentación contemporánea, na procura de novas sonoridades. Completan o programa aulas de baile, un obradoiro para crianzas, e un roteiro pola costa que rematará cunha sesión de contos musicados dedicados ás mulleres do mar. O festival comezará o venres 18 no parque de Freixeiro coas actuacións de Josemi Carmona e Jorge Pardo. O sábado, durante todo o día, o parque acollerá a Romaría swing. En Neda, a ribeira de San Nicolás será de novo escenario da sesión vermú do domingo. Xa pola tarde, o Festival viaxa a Cedeira, ao parque de San Isidro, ao pé da praia da Magdalena, e tamén se incorpora como escenario o castelo da Concepción. Para rematar o luns na praia do Baleo, en Valdoviño. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora