Jerez-Texas chega a Ferrol

Jerez-Texas chega a Ferrol

03 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cancións sensuais e instrumentais audaces que confirman a súa pericia para criar ambientes sonoros ricos e variados. A crítica define así ao trío Jerez-Texas que presenta o seu traballo discográfico Sun. Os 3 músicos -Ricardo Esteve coa guitarra flamenca, Matthieu Saglio co violonchelo e Jesús Gimeno na batería- acompáñanse agora da cantaora bailaora Isabel Julve, para lograr un directo espectacular.

Jerez-Texas actua o venres dia 7 de xaneiro ás 20,30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Sorprenderán ao público pola súa criatividade.

Sociedade