Jesús Vázquez, conselleiro de Educación: “En Galicia hai múltiples casos de acoso escolar”

Jesús Vázquez, conselleiro de Educación: “En Galicia hai múltiples casos de acoso escolar”

09 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, defendeu con vehemencia no Parlamento o anteproxecto da Lei de Convivencia que a Xunta promove malia o rexeitamento maioritario do Consello Escolar. Tanto o deputado socialista Guillermo Meijón como a nacionalista Carme Adán cargaron contra o representante do Goberno por defender unha norma de carácter “punitivo” e que non desenvolve ás medidas integrais para controlar os problemas na

Jesús Vázquez acusou á oposición de querer presentar ao Consello Escolar como “dono das verdades absolutas”. Criticou ao órgano asesor por renunciar a facer achegas ao proxecto que tamén inclúe a consulta aos pais para que escollan o idioma das materias en Educación Primaria, e asegurou que no seo da institución hai membros “instalados no non polo non”. O conselleiro afirmou que nos dous últimos anos do bipartito disparouse o número de expedientes por conflitos nas aulas do país e mesmo asegurou que en Galicia hai “múltiples casos de acoso escolar” e “xente que non se atreve a denunciar”. 

Institucional