Joao Gilberto en Madrid e Barcelona

Joao Gilberto en Madrid e Barcelona

11 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Grabou o seu primeiro disco en 1958. Deixou pegada en toda unha xeneración de músicos, creando unha música elegante que conquistou e conquista millóns de vontades en todo o mundo. Falamos de Joao Gilberto, músico brasileiro, inspirador da bossa nova, actuará o 29 de maio no Pazo de Congresos de Madrid, e o 1 de xuño no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.

Joao Gilberto alcanzou sona cun disco grabado en 1963 en Nova Iork. Vendeu dous millóns de exemplares, gañou varios Grammies e levou por todo o mundo A garota de Ipanema. Segundo Elvira Lindo, a súa voz e a súa guitarra tiveron un efecto curativo, simplificaron os meus gustos musicais e os sofisticaron a un tempo. E o ensino da madurez: o sublime é sempre sinxelo. En palabras do crítico Sergio Augusto, hai cincuenta anos que canta a mesma canción e hai cincuenta anos que non deixa de sorprendernos. Joao Gilberto a finais de maio e comezos de xuño en Madrid e Barcelona.

Cultura