Jorge Cubela: “A política precisa aire fresco”

Jorge Cubela: “A política precisa aire fresco”

29 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Quizais pague algunha novatada”, recoñece o alcalde máis novo do Estado, Jorge Cubela. Aos seus 22 anos de idade, terá que compaxinar a dedicación exclusiva no Concello de Cotobade coa finalización dos seus estudos de dereito; algo que, segundo explica, é “condición sine qua non” no seu futuro inmediato. Mentres organiza a compatibilidade entre a xestión local e a preparación das materias que lle

Militante de Novas Xeracións dende os 16 anos, Cubela foi promocionado como líder da candidatura conservadora por Cotobade malia a súa mocidade. Hai quen insinúa que se pode tratar do “delfín” do presidente provincial do PP, Rafael Louzán. El recoñece o apoio do tamén titular da Deputación, pero retruca que entón Louzán “ten 62 delfíns, os 62 candidatos do partido”.

Verbo dos seus plans como alcalde, promete respectar o programa electoral, comezando pola “eliminación do gasto superfluo no Concello” e “facer valer o peso da maioría absoluta” perante a Deputación e a Xunta, tamén en mans dos populares. Jorge Cubela obtivo 6 edís por 5 do PSdeG. No seu blog persoal en internet, o máis novos entre os rexedores de todo o Estado proclama que “O centro é o sitio ideal para a política”. Cando se lle pregunta se iso ten bo acomodo no Partido Popular, manifesta que, estatutariamente se trata dunha formación “centrista”, aínda que “moi aberta

Sociedade