José Blanco firmará en Ferrol un protocolo sobre o espacio ferroviario

José Blanco firmará en Ferrol un protocolo sobre o espacio ferroviario

29 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ministro de Fomento, José Blanco, asinará o luns 2 de maio o Protocolo para a reordenación do espacio ferroviario de Ferrol.O acto celebrase ás 12 da mañá no concello ferrolán. O Ministro reuniráse o mesmo día coa Confederación de Empresarios de Galiza.

José Blanco e Vicente Irisarri, asinarán o luns o Protocolo de colaboración para a reordenación do espacio ferroviario de Ferrol -A Coruña-Un acordo que regulará as relacións entre o Ministerio, o Concello, Adif e Feve, para os estudos, a execución e a financiación das obras de adaptación das instalacións ferroviarias á chegada da  alta velocidade. O obxectivo é tamén a integración urbana do ferrocarril.

O Ministro de Fomento aproveitará a viaxe a Galiza para reunirse pola tarde, ás 17:00 horas, en Santiago coa Federación de Empresarios de Galicia, na sua sede da rua do Vilar. 

Sociedade