José Gregorio Muñoz: “A xente maior debe camiñar entre trinta e corenta minutos diarios”

José Gregorio Muñoz: “A xente maior debe camiñar entre trinta e corenta minutos diarios”

08 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O médico xeriatra José Gregorio Muñoz Duque desvela os segredos para conciliar vellez e saúde. “Camiñar diariamente movendo os brazos e afrontar a vida con optimismo o que libera endorfinas, hormonas responsabeis de aumentar a alegría e reducir a dór” salienta o doutor que tamén apunta a unha dieta baseada en peixes e vexetais, acompañada do control médico.

“A dieta das persoas maiores debe escapar das carnes graxas, centrándose no consumo de peixes e vexetais como o tomate ou a cenoura” explica o médico nacido en Barallobre (Fene A Coruña) que na actualidade exerce a medicina en San Vicente del Raspeig (Alicante).

Sociedade