José Sócrates dimite e pide eleccións en Portugal

José Sócrates dimite e pide eleccións en Portugal

23 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O rexeitamento do Parlamento luso ao plan de axuste financeiro presentado polo Goberno do socialista José Sócrates propiciou a renuncia ao cargo do Primeiro Ministro, que xa transmitiu a súa decisión ao presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, ao tempo que pediu a convocatoria de novas eleccións lexislativas. Sócrates xogara forte, vinculando a súa continuidade á fronte do Executivo á que a C&a

O documento do gabinete lisboeta contemplaba unha forte rebaixa no gasto público e nas prestacións sociais e un aumento da carga impositiva para tentar conter o déficit do Estado. Toda a oposición, tanto á dereita como á esquerda do Partido Socialista, rexeitou o Programa de Estabilidade e Crecemento que José Sócrates ofreceu ao Goberno da Unión Europea e que, sometido á consideración do Parlamento de Portgual, tan só obtivo o apoio minoritario dos 97 votos da forza que sostén ao Goberno dentro dunha Cámara con 230 representantes. A renuncia do Primeiro Ministro deixa en funcións ao actual Executivo. O presidente Cavaco Silva abrirá a rolda de contactos previos á convocatoria de comicios cos partidos políticos este mesmo venres.
Institucional