Juan Carlos Fasero: “Probablemente, vai diminuír o número de empresas culturais galegas”

Juan Carlos Fasero: “Probablemente, vai diminuír o número de empresas culturais galegas”

17 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

"As industrias culturais resistiron moi ben a crise ata agora" destaca Juan Carlos Fasero, director da Agadic, quen amosa menos optimismo de cara ao futuro. "Probablemente van desaparecer empresas" recoñece cando se lle pregunta polo escenario de recortes e impagos que denuncian, entre outros, os responsables das compañías escénicas do país. O dirixente da Axencia Galega das Industrias Culturais atribúe esa predición á “crise

O contexto económico afecta á Mostra de Artes Escénicas de Galicia, un evento que toma o relevo do que era a Feira Galega das Artes Escénicas pero cun programa e orzamentos máis reducidos. Ata o xoves, tres escenarios compostelás (o Salón Teatro, a SGAE/Fundación Autor e o Principal) recibirán a preto de cincuenta programadores e axentes culturais. Poranse en escena 25 espectáculos baixo dúas modalidades de representación -formato completo e showcase-.

Juan Carlos Fasero referiuse tamén nos micrófonos de Radiofusión ao proxecto de pór en marcha un Laboratorio Permanente de Industrias Culturais. Este órgano -que se fundará a consecuencia do proxecto INDCREA que promoveron a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega- ten o obxectivo de aumentar o peso das industriais culturais no PIB do país, que se cifra nun 2%, dous puntos por debaixo da media europea. 

Cultura