Juan Jiménez, candidato a presidir o PP de Ourense: “Eu tamén puiden presentar 2.000 firmas, pero non hai que andar molestando a todo o mundo”

Juan Jiménez, candidato a presidir o PP de Ourense: “Eu tamén puiden presentar 2.000 firmas, pero non hai que andar molestando a todo o mundo”

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Por máis que lle queiran adxudicar o cualificativo de “antídoto do baltarismo”, o alcalde de Verín desbota que se presente á presidencia dos populares de Ourense para iso: “Se chego á presidencia non quero que ninguén esta fóra do partido”. Juan Jiménez Morán declarou a Radiofusiòn que non representa a ningún sector crítico con vistas ao congreso fixado para o 30 de xaneiro e no que lle despu

“Xuntos somos maioría” é o lema do rexedor verinés para a campaña, mais trala frase nega que haxa un convite para unha candidatura de concentración. Jiménez Morán xa forma parte do comité de dirección do PPdeG provincial e tamén do autonómico como coordinador de Acción Política e rexeita que no vindeiro Congreso se xogue algo máis importante para o seu partido que a presidencia provincial: “É unha elección  entre membros dunha mesma formación, na que non debía contar para nada o apelido que ten algún deles”, resolve.

Malia que o candidato fuxe da posibilidade dun “contexto de enfrontamento”, non aforra críticas veladas á actuación de Manuel Baltar, o seu rival. Primeiro, pola présa: “Eu non levo traballando tanto tempo na campaña como el porque lle teñen un gran respecto a Baltar Pumar e non quixen facer nada ata que el mesmo dixese que non seguía no cargo”. Segundo, polos alardes do vicepresidente do Parlamento, quen fachendeou de milleiros de apoios en forma de avais: “Eu presentei 132 sinaturas só de Verín e puiden presentar moitas máis porque hai máis de 2.000 afiliados, só que non o fixen porque abonda con 75 sinaturas e non hai que andar amolando a todo o mundo”. E terceiro, polas ideas: “Había algún candidato que dicía que tiña un programa. O meu programa non pode ser outro que o do propio Partido Popular”. Isto si semella un aval para facerse merecedor das preferencias de Alberto Núñez Feijóo, presidente do partido, que xa se lle adxudican.

Institucional