Juana Prieto inaugura o XV Art Xove en Pontedeume

Juana Prieto inaugura o XV Art Xove en Pontedeume

27 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comentarista de Arte, Juana Prieto Luna, será a encargada de inaugurar mañá sabado en Pontedeume a XV edición de Art Xove. Unha cita que nos trae as últimas inquedanzas artísticas da xente nova de todo o país. Pintura, fotografía, deseño de xoias e outros soportes artísticos veránse na casa da Cultura de Pontedeume durante quince días. Prieto Luna,  quere deixarse sorprender como cada ano. Hai dez anos, confesa,

Juana Prieto dirixe o Ciber de Mao no concello de Fene, unha sala de exposicións que esta tarde ás 20 horas cambia de protagonista. Volve a colgar as súas fotos Ramón Montesinos, esta vez cos algo distinto ao que nos ten acostumados. Presenta “Mujer” unha serie de fotos tiradas á bailarina de tangos, Silvia Mabel.

Esta mañá Juana Prieto desvelounos outro proxecto que verá a luz no mes de maio, na Fundación de Abanca en Ferrol para colaborar co proxecto Home. Unha mostra con fins benéficos que ela coordina e na que poden participar os artistas que o desexen.

Sociedade