Justo Beramendi. “O Museo do Pobo debe incluír a Galicia urbana”

Justo Beramendi. “O Museo do Pobo debe incluír a Galicia urbana”

02 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“A prioridade é a supervivencia” explica o novo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, cando se lle pregunta polo futuro da institución. Unha supervivencia que, asegura, está “case garantida” malia a rebaixa de axudas públicas. Os responsables do centro agardan compensar eses recortes coas achegas privadas a través de dúas liñas: o cobro de entradas (que comezou a realizarse no mes de a

Alén dese afán de supervivencia, o Padroado do Museo do Pobo Galego márcase tres grandes liñas de actuación. A primeira é a modernización e ampliación do centro. “Trátase dunha reformulación bastante drástica”, advertiu Beramendi. Entre outras novidades, planean a incorporación do eido urbano ao museo. “O pobo galego non foi só rural”, argumenta o novo presidente do padroado.

O segundo obxectivo é continuar cos labores de investigación, que se concretaron coa creación, hai tres anos, do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. O seu principal froito, destacou Justo Beramendi, é o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) que xa se pode consultar na rede. Por último, pretenden seguir afondando nun dos principios fundamentais da entidade: “queremos estar cada vez máis enraizados na sociedade”. Con ese fin pretenden aumentar o número de socios, incrementar a participación social e profundar na dimensión pedagóxica do museo.

Cultura