Juventino Trigo. Feito en Fene

Juventino Trigo. Feito en Fene

12 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Precedido por gaitas e percusión en directo, nada de musica enlatada, entrou Juventino Trigo no Círculo de Perlío. Unhas 200 persoas aclamáronno nese seu primeiro dia do que saíu máis que airoso. O candidato do BNG á alcaldía de Fene, Juventino Trigo, iniciou a sua intervención dirixindo ao público unha pregunta: ¿Sabedes por qué me presento?  e a resposta foi un discurso no que explicou como  sacar a Fene da

Recriminou ao goberno de Puentes a perda de subvencións e a falta de xestión para combater a crise. Exemplificouno en  non ter conquerido nin “un só taller ocupacional” para a mocidade en paro, na “toxeira” na que se ten convertido a área de Vilar do Colo ou en deixar morrer Astano.
Juventino Trigo preguntouse qué estaría decindo Feijoo nese momento en Fene sobre a segunda escola infantil do Carril ou sobre as vivendas sociais do Sartego.  

Trigo denunciou “as mentiras e os incumprimentos do goberno local e do PSOE e do PP con Fene, porque xa nos teñen afeitos a decir unha cousa aos veciños e veciñas e facer totalmente o contrario” .
Fronte a iso, contrapuxo o proxecto do BNG, “un proxecto que se fixo contando coa participación da sociedade de Fene, e por iso o proxecto do BNG é o proxecto dos veciños e veciñas de Fene”. No transcurso do acto proxectouse un video no que unha vintena de veciños e veciñas, a maioria do movemento asociativo, fan balance dos ultimos catro anos. O candidato do BNG á alcaldía fixo fincapé en que “o BNG sabe, quere e pode gobernar en Fene”.

O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, arroupou ao candidato fenés, convencido de que será o próximo alcalde de Fene. Describíuno como “unha persoa responsable, traballadora e dunha gran capacidade de xestión” .Presentáronse tamén os catro candidatos e candidatas que lle siguen na lista, Rita Couto, Manuel Polo, Inés Roca e Justo Martínez.  

Sociedade