Karim e Mohamed namoraron da Coruña

Karim e Mohamed namoraron da Coruña

08 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Karim  e Mohamed son dous dos estudantes de Formación Profesional franceses, que forman parte do Proxecto Leonardo Davinci. Permaneceron durante un mes realizando as prácticas en empresas da zona na modalidade Instalacións frigorificas e de climatización, tutelados polo IES de Fene e o profesor José Luís Souto. Realizaron as prácticas no Centro Hospitalario Universitario da Coruña, o antigo Juan Canalejo, cun resultado satis

Chegaron procedentes de Marsella o 6 de xaneiro, o Dia de Reis, e marchan este domingo, namorados da cidade da Coruña e cun nivel de Español aceptable. Acompáñanos no retorno, os profesores Caterine e Georges, anque eles desexarían quedar unha semana máis para vivir o noso Antroido, sen medo á choiva nen á humidade. No mes de maio serán seis alumnos do IES de Fene os que marchen rumbo a Marsella co mesmo obxectivo, realizar un mes de prácticas na cidade mediterránea.

Sociedade