Kpus promove a compra-venda de libros de texto.

Kpus promove a compra-venda de libros de texto.

06 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sociedade Kpus está desenvolvendo unha iniciativa na que todos os estudiantes de educación obrigatoria e bacharelato poidan comprar e vender os seus libros usados. Son tres os centros comerciais galegos que se sumaron a esta iniciativa: o Centro Comercial Dolce Vita Odeón, o Dolce Vita da Coruña e o centro comercial Área Central en Santiago de Compostela. Os alumnos de primaria, secundaria e bachelerato poderán achegar os seus libros a estes lugares a partir

A primeiros de xullo, unha semana despois da entrega, porán os libros á venda, primeiro os de menor prezo e despois os de prezos mais elevados. A terceira semana os alumnos poden achegarse a recoller os cartos polos que se venderon os seus libros. Desta forma os libros que teñan que comprar para o curso seguinte, pódenlle sair gratis se os mercan tamén no mercadillo de Kpus.

Esta iniciativa ten dous obxectivos, o primeiro sería concienciar aos alumnos e alumnas facendolles ver que os libros son ferramentas de traballo que hai que respectar, e por outro lado preténdese aliviar a "costa de setembro" cando en moitos fogares a media de gastos en libros de texto por  alumno é duns 300 €.

En 1994 se fundaba en Fene o primeiro Centro de Estudios Capuchino. Pouco a pouco, os donos foron abrindo outras academias e, máis tarde, outros centros, unha ludoteca e parques infantís. O curso pasado foron máis aló coa creación de Kpus.es, un proxecto dirixido aos estudantes de bachelerato.
 

Sociedade